REQUISITO
PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:
O
alumnado deberá entregar ou subir a Moovi a súa ficha,
debidamente cumprimentada e cunha fotografía tipo carnet, nun
prazo máximo de 3 semanas desde o inicio do curso académico,
facendo constar expresamente a modalidade elixida (asistencial ou non
asistencial) a través dun correo electrónico dirixido á profesora.
Isto
implica que, sexa unha ou outra a modalidade elixida, o
alumnado deberá contactar necesariamente coa profesora a principios
de curso (3 primeiras semanas) para comunicarlle a súa elección e
poder ser convintemente avaliado.
CRITERIOS
DE AVALIACIÓN:
Aplicaranse dous sistemas de avaliación tomando como
criterio diferencial a asistencia ou non ás clases de grupo grande e mediano,
dado que a planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza
do alumnado, sobre todo naquelas relacionadas coa adquisición de competencias
procedementais e actitudinais, o que implica facer un seguimento das
asistencias mediante controles. Quen sen notificalo teña una
asistencia por debaixo do 80%, o que equivale a 3 faltas en grupo grande e 3 en
grupo mediano, será considerado a tódolos efectos como alumna/o de avaliación global, salvo
causa debidamente xustificada (enfermidade ou pasamento dun
familiar achegado, realización doutros exames...).
* Avaliación continua: A nota final virá dada
pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no
cadro superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.
* Avaliación global (proba única): A avaliación e a
superación da materia virá determinada polo exame final e pola realización do
traballo e dos exercicios titorizadas pola profesora -polo menos 4 titorías
para superar este apartado-. A nota final virá dada pola suma das puntuacións
obtidas nos distintos apartados, sendo preciso superar cada un deles
ailladamente para poder facer a media.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non
serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas
nese curso académico.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT)
Segundo a normativa vixente, con independencia da súa
asistencia ou non ás clases, o alumnado gozará de condicións equivalentes de
avaliación.
A data oficial dos exames pode consultarse na web da
Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php.