Haberá duas modalidades de avaliación: MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA (PARA ESTUDANTES ASISTENTES): Terá a consideración de asistente aquel alumnado que asista a un 80% das clases prácticas. De superar as non asistencias permitidas (20% da totalidade das clases) pasará automaticamente á modalidade de avaliación global (non asistencial). Para aprobar a materia cómpre ter aprobada, de xeito independente, a parte práctica (traballo tutelado) e as probas de avaliación (exame de preguntas obxectivas + suposto derivado do estudo de casos). MODALIDADE DE AVALIACIÓN GLOBAL (PARA NON ASISTENTES): Exame teórico-práctico de todos os contidos da materia (exame de preguntas obxectivas + suposto derivado do estudo de casos); presentación dun traballo práctico; e lectura de diferentes artigos relacionados cos contidos da materia, que serán avaliados cun exame de desenvolvemento. Para aprobar a materia cómpre ter aprobado o exame (teórico e práctico) e o traballo práctico. Convocatorias seguintes: As competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Alumnado con necesidades específicas: En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender as necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Datas oficiais dos exames: As datas oficiais de exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames". http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |