Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas (seminario, cartafol, probas tipo test e probas prácticas). Non poderá ser avaliado o alumnado que non cumpra coas tarefas encomendadas (en tempo e forma) para os seminarios e exercicios prácticos. Advírtese ao alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rexe tanto para alumnado de avaliación continua como de avaliación global.
SISTEMAS DE AVALIACIÓN
1.- AVALIACIÓN CONTINUA (DESCRICIÓN E REQUISITOS): vai dirixida a aquel alumnado que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais e un máximo de 2 faltas os seminarios, ademais deben ter entregadas as tarefas encomendadas en tempo e forma. En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados polo sistema de avaliación global (proba única). As probas e puntuacións son as que constan nas metodoloxías de avaliación, debendo estar aprobadas cada unha por independente para poder superar a materia.
2.-EVALUCIÓN GLOBAL (PROBA ÚNICA): aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia (maxistral e seminarios). Este alumnado será avaliado deste xeito: deberá superar as mesmas competencias que o alumnado de avaliación continua nunha única proba final, que constará de varias partes. Ao ser unha proba única o alumnado que non supere a primeira, é dicir, o dossier non accederá ao resto das probas; despois o test (exame de preguntas obxectivas), se non se supera non se avaliarán as probas prácticas (entrevista e informe social). As probas para realizar son as seguintes (do mesmo xeito que o alumnado de avaliación continua deberán aprobar por independente cada unha das probas abaixo explicitadas da proba única): 1.-Entrega dun dossier cos traballos e exercicios prácticos desenvolvidos na materia (deberán ser supervisado obrigatoriamente de forma continua pola profesora previa presentación final), ao longo do semestre e entregarase ao finalizar a docencia, previamente ao resto das probas, en documento interno en Moovi estableceranse os prazos. Puntuará un15%, se este non se entrega na data solicitada ou non está apto, non poderá acceder ao resto das probas (ao ser proba única que precisa que todas as partes estean superadas). 2.-Exame final na convocatoria oficial, tipo exame de preguntas obxectivas de 20 preguntas (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Puntuará un 40%. 3.-Pregunta de desenvolvemento autónoma que sustitué o traballo tutelado. Puntuará un 15%. 4.-Proba práctica de laboratorio: realización por escrito de casos e exercicios prácticos (avaliarase sempre que lla superado a primeira parte do dossier e o exame tipo test), o exercicio é igual que para alumnado de avaliación continua). Puntuará un 30%. ADVERTENCIA: O seguimento continuo das actividades de aula e a comunicación co alumnado relacionado coas tarefas, realizarase a través da Plataforma Moovi. O alumnado que opte pola avaliación global (incluido o alumnado do curso ponte) deberá comunicalo por correo con data tope o último día lectivo de outubro de 2024. TANTO PARA ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONITINUA COMO GLOBAL: Ao comezo de curso subiranse os documentos coas instrucións e o cronograma das tarefas e probas de avaliación, sendo de obrigado cumprimento para a superación da materia. Esixirase que os/as estudantes saiban escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar, así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que saiba expresarse con corrección e dacordo co nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía idónea ao devandito nivel. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que reflectirse nos seus exercicios e no exame. O plaxio supón de inmediato o suspenso da materia. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (2ª oportunidade) As probas (parte teórica ou parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese cursos académico. Non se gardarán notas dun curso a outro. -En coherencia con el carácter inclusivo que caracteriza la Facultad de Educación y Trabajo social, esta guía podrá ser adaptada para atender a las necesidades específicas de apoyo educativo que presente el alumnado adscrito al programa PIUNE (PAT), así como os obxectivos ODS.
|