Traballo tutelado |
Traballo de revisión bibliográfica sobre os descritores da materia. As principais achegas que se obteñan da revisión teórica e estudo de campo deben plasmarse nun material audiovisual, que no caso de participar da metodoloxía APS, será compartido coa entidade que colabora.
O alumnado realizará 1 traballo, en grupo, que será titorizado nas sesións de Pequeno Grupo.
O traballo debe ser presentado e defendido.
Os estudantes que acudan a avaliación global, realizarán un proxecto de forma individual, cumprindo as mesmas fases e entregas que se requiren na avaliación continua, salvo a defensa do traballo que se realizará o mesmo día da data oficial do exame, onde se preguntará, de forma escrita, polo procedemento seguido na elaboración.
|
20 |
A3 A4
|
B1 B2 B3 B5 B6
|
C3 C19 C22
|
D1 D2 D3 D4 D7 D8 D9 D10 D11 D14 D16 D18 D23
|
Exame de preguntas obxectivas |
Preguntas de coñecemento.
|
40 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2
|
C8 C22
|
D1 D2 D3 D4 D8 D9 D10 D16 D18
|
Para a avaliación continua: Presencialidade nos seminarios e nas titorías de grupo pequeno ao redor do 75 %. A proba de preguntas obxectivas, para o alumnado asistente, pódese facer por parciais, a medida que se vaia explicando o temario. A proba tamén inclúe estudos de caso.
En caso de non superar estes parciais, o alumnado deberá efectuar o exame (obrigatorio) de toda a materia do temario, o cal se efectuará o día estipulado para o exame final (véxase, taboleiro de anuncios e páxina Web da Facultade).
Para avaliación global. O exame e os estudos de caso (obrigatorio) de toda a materia do temario será o día estipulado para o exame final (taboleiro de anuncios e páxina Web de la Facultade). Con respecto a presentación e defensa das prácticas os estudantes deben responder por escrito a preguntas que se lle formulen, sobre o proceso de resolución das prácticas e o produto final presentado.
Para a convocatoria de xullo, gardarase (no caso de telos superados);a puntuación dos seminarios, do traballo tutelado e do exame. As datas de exame pódense consultar no Taboleiro de anuncios da Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no seguinte enlace:http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php"
As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
En coherencia co carácter
inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida
coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Por último, sinalar que esta materia, en liña co plan estratéxico da Facultade, desenrola prácticas e traballos que abordan a diversidade.
|