Traballo tutelado |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica/Estado da cuestión/ Lexislación (de ser o caso)
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade de citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados.
|
70 |
A3
|
B4 B5 B6
|
C2 C7 C9 C12 C19
|
D19 D20
|
Presentación |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
+ Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
+ Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos informáticos.
+ Respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de avaliación.
|
30 |
A2 A4 A5
|
B2 B3
|
C9
|
D1 D8 D9 D16
|
O TFG será presentado e defendido polo seu
autor ou autora diante dun tribunal unipersoal que estará constituído pola
persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado
seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía
Didáctica do TFG. O TFG debe cumprir necesariamente cos
seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa
un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría
acreditarase explicitamente a súa orixe, (2) respectar a extensión máxima
permitida (5.000-10.000 palabras) e (3) incluír un apartado de resultados
empíricos. Aqueles estudantes que non superen o TFG
na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria
no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán
publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a
cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o
tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao
estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |