AVALIACIÓN CONTINUA Alumnado que se acolla a modalidade de avaliación continua debe ter unha asistencia do 80% tanto en Gran Grupo como en Grupos Medianos. A avaliación continua segue os criterios da guía docente (ver na Web da Facultade o calendario de exámenes). Para aprobar a materia é obrigatorio ter aprobadas tanto a parte teórica (examen) como a parte práctica (traballos). AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que non cumpra o criterio da asistencia (80%) ten que ir a avaliación global seguindo os seguintes criterios: Para superar a parte teórica da materia ten que realizar dúas probas obrigatoriamente no mesmo día: 1. Exame proba obxectiva tipo test: Ata 4 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 2 puntos para superar esta proba (a nota total supón o 40% da cualificación da materia). Cada dúas preguntas fallidas no exame, restará unha correcta. Contidos de exame: temas todos os bloques da materia. 2. Exame oral: Ata 2 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 1 punto para superar esta proba (a nota total supón 20% da cualificación da materia). Contidos de exame oral: temas todos os bloques da materia. Para superar a parte práctica da materia: 1. Traballo: ata 4 puntos pola realización dun traballo audiovisual de duración no superior a 15 minutos referido a unha temática relacionada co temario teórico-práctico da materia; ou un traballo centrado no análise de 4 artigos de revistas científicas publicados entre 2022-2023-2024, a nota mínima para aprobar a actividade 2 puntos (a nota total supón o 40% da cualificación do alumno/a). Os traballos deberan entregarse o día do exame na plataforma Moovi da materia. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
As datas oficiais dos exames e de revisións poden consultarse na web da Facultade de Educación e Traballo Social.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
|