Traballo tutelado |
Os/as estudantes elaboran duos documentos e/ou investigacións sobre a temática da materia, un individual e outro grupal. Trátanse de dúas actividades autónoma de/dos estudante/s que inclúen a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc. |
Presentación |
Exposición oral por parte do alumnado, ante a docente e o alumnado, dos resultados dos traballos tutelados (previa presentación escrita). |
Aprendizaxe colaborativa |
Comprende un grupo de procedementos de ensino que parten da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballa de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa
propia aprendizaxe. |