Para que se contabilice na
nota final a proba tipo test, a/o estudante deberá obter nela (polo menos) unha
nota de 5 puntos sobre 10. En caso de non superar o exame tipo test, na acta
aparecerá a nota obtida no exame. Para calcular a nota final da materia, computaranse conxuntamente as probas de Traballo tutelado (4 puntos) e de Seminario (2 puntos). Polo tanto, cunha puntuación conxunta igual ou superior a 3 puntos, consideraranse "Aprobadas" ambas probas. Indícase, así mismo, que se conservarán as cualificacións das competencias logradas na primeira convocatoria para a convocatoria de Xullo, na cual as alumnas e os alumnos (coa materia suspensa en dicembro) serán avaliadas/os só das competencias/probas non superadas na convocatoria anterior. Para o traballo tutelado suspenso, indicaranse os aspectos xerais que deben ser mellorados. As/os estudantes non
asistentes deberán presentarse á proba de tipo test co mesmo temario e tipo de
preguntas que os asistentes (ata 40% da nota); tamén se lles poderá entregar
algún outro material (adicional ao do alumnado asistente) para este exame
final. Ademais, deberán entregar
algún(s) traballo(s) de investigación teórico-práctico(s) sobre algunha das
temáticas da materia (ata 25% da nota). Este(s) traballo(s) deberá(n) ser
previamente consensuado(s) co docente da materia polo menos 2 meses antes do
exame coa finalidade de poder levar a cabo una titorización adecuada do(s)
mesmo(s) durante este período de 2 meses (polo menos, con 2 tutorías
presenciais). A actividade de "Presentación" será obrigatoria para o
alumnado non asistente. Nela, a/o estudante non asistente presentará o(s) seu(s)
traballo(s) e relacionaráo(s) con diferentes temas do temario (ata o 15% da
nota). As datas do exame final correspondente ás
convocatorias de decembro-xaneiro e xuño-xullo poderanse consultar no taboleiro de anuncios
da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e tamén na súa web. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |