O incremento de persoas maiores en España, e especialmente en Galicia fai precisa a formación de novos profesionais para traballar en Equipo, capaces de avaliar situacions específicas.
A xeración de postos de traballo neste sector de atención Xerontolóxica constitúe un reto docente e de formación continuada para os profesionais.
A Xerontoloxía é unha materia de presente e futuro de necesidade imperante na que a Xeragoxía, ou Educación Xerontolóxica, presenta un espazo de emprego e de actividade Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |