O Alumnado presencial e non presencial deberá facer todos os Traballos Tutelados, Resolución de problemas, Traballos de Seminarios e Foros de debate no prazo que se establezca en cada caso; desenvolver e participar na Visita técnica, e a realizacion de próba test e preguntas curtas de coñecemento teórico e práctico. Así mesmo, incluso os alumnos que non demostren alcanzar as competencias basicas da materia na convocatoria de xuño, terán dereito a realizar a convocatoria de Xullo. No entretanto, as competencias xa alcanzadas na evaliacion de Xuño poderanse conservar como superadas para a convocatoria de Xullo, de xeito que as partes da materia superadas na 1ª oportunidade non serán obxecto de avaliación na 2ª convocatoria, considerándose. polo tanto, como aprobadas nese Curso académico. DATA DE EXAMES: A sinalada e aprobada na data oficial pola Facultade.
Consultar:Taboleiro de anuncios e a web da Facultade. e na web da facultade (http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo "datas exames" Outras cuestións: en coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) Outras cuestións: en relación ao alumnado do curso ponte, coa
finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema
de avaliación adaptaranse garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento.
Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará
das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta
materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |