Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Transmitir, promover e desenvolver a cultura |
B2 |
Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais |
B3 |
Intervir como mediador social, cultural e educativo |
B4 |
Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos |
B5 |
Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos |
B6 |
Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos |
C3 |
Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...) |
C10 |
Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...) |
C19 |
Administrar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, en función de diferentes contextos e necesidades |
D3 |
Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega |
D12 |
Compromiso ético |
D18 |
Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida |