Observacións
a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT).
b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería
incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade
e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio”.
Avaliación
Alumnado Non Presencial que non poida seguir actividades de
aula de xeito regular: criterios similares aos da modalidade presencial coa
salvedade de que como non participan nas actividades prácticas de aula
compensarán éstas con un traballo adicional práctico ademáis do teórico. A súa
avaliación basearase en: examen que combina preguntas de tipo test con
preguntas curtas sobre material impreso vinculado con temario que se lle
indicará oportunamente (Proba A: 25% máximo da calificación e outra proba B: 25% máximo da calificación), un traballo teórico (25%
máximo da calificación), un traballo práctico (25% máximo da calificación),
ambos planificados previamente de acordo co profesor. Para facer a media dos
traballos co exame haberá que ter aprobado éste.
O alumnado de
modalidade presencial que non alcance o 70% de asistencia nos controis que se
fagan nas sesións teórico-prácticas, enténdese que pasaría á modalidade de tipo
non presencial.
Segunda Convocatoria (Xullo): se conservarán para a
Convocatoria de Xullo as calificacións das competencias e probas superadas en
convocatorias previas, examinándose o
alumnado só das competencias e probas non superadas anteriormente.
“As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das
persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais
de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Nota: data oficial de exame do 1º Período/Cuatrimestre (ver
Taboleiro Titulación ou web da Facultade
para saber día, hora e aula, e data revisión). http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Examen convocatoria de xullo: (ver Taboleiro Titulación ou
web da Facultade para saber día, hora e
aula, e data revisión):
http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php