O emprego é unha das experiencias máis significativas na vida das persoas e á que se dedica unha parte moi considerable da vida de éstas. Constitúe para moitas persoas un dos aspectos máis centrais e importantes na vida, tanto en referencia á propia identidade persoal, como ao propio desenvolvemento, crecemento individual e logro de expectativas e valores.
O proceso de incorporación ao mundo laboral non pode ser alleo ás características persoais e ocupacionais de cada persoa, a un coñecemento do mercado laboral nin á realización dun proxecto profesional e persoal de busca de emprego.
Nesta materia se presentan elementos facilitadores do proceso de incorporación/cambio de emprego e se analizan os recursos dispoñibles que poden axudar a facilitar a inserción, sendo un deles a educación e animación sociolaboral.
Asimesmo se desenvolven as diferentes funcións que deben desempeñar os e as profesionais deste ámbito de intervención con distintos colectivos.