O traballo será durante o ano acumulativo, tanto para asistentes como para non asistentes, polo que a parte da materia superada en xuño, pódese seguir traballando para xullo, conservando as competencias xa adquiridas.
Recoméndase que o alumnado non presencial solicite titoría para planificar a materia.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS)
|