Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Iniciación na práctica profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Debate con persoas expertas convidadas. Realizarase unha presentación e reflexión persoal escrita sobre os temas abordados. 30 B4
C6
C22
D8
D9
Debate Discusión en grupo de temas de actualidade vencellados coa materia. Reflexión persoal escrita sobre os temas tratados na aula e o material dispoñible. 20 A4
B1
D1
D5
D20
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o/a docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 10 A2
B3
B5
B6
C7
C9
C19
D19
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba escrita sobre temas previamente indicados. 40 A3
B2
C6
C7
C9
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado non asistente con regularidade ás distintas actividades terá unha avaliación da proba sobre 40% e presentará dous traballos escritos:

- Análise de blibliografía actualizada sobre un tema a escoller entre os ámbitos da educación social que se deberá acordar en titoría previa co profesorado (30% ). 

- Traballo de reflexión e análise crítica dos textos a disposición no MOOVI da materia que se acorden en titoría de entre os que se detallan na bibliografía (30%). 

As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo Social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Horarios, Exames e revisión:

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Educación e Traballo Social, no
espazo "datas exames".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000