AVALIACIÓN
CONTINUA Alumnado que se acolla a modalidade de avaliación continua debe ter unha
asistencia do 80% tanto en Gran Grupo como en Grupos Medianos. A avaliación
continua segue os criterios da guía docente. Os exames tipo test (proba 1 e proba 2) faranse no mesmo día (ver na Web da Facultade o calendario de exámenes). Para superar a parte
teórica (exames tipo test) hai que obter como mínimo 3 puntos (2
puntos no exame tipo test 1, e 1 punto no exame test 2). Para superar a parte
práctica da materia hai que obter como mínimo 2 puntos. Para aprobar a materia
é obrigatorio ter aprobadas tanto a parte teórica (exames) como a parte
práctica (traballos). AVALIACIÓN
GLOBAL O alumnado que se acolla a esta modalidade de avaliación global debe comunicalo a coordinadora da materia nos primeiros 15 días de inicio da materia. A avaliación global segue os seguintes criterios: Para superar a parte teórica
da materia ten que realizar dúas probas
obrigatoriamente: 1. Exame proba obxectiva
tipo test: Ata 4 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 2
puntos para superar esta proba (a nota total supón o 40% da cualificación da
materia). Cada dúas preguntas fallidas no exame, restará unha correcta. Contidos de exame: temas do Bloques I, II e III. 2. Exame oral: Ata 2 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo
de 1 punto para superar esta proba (a nota total supón 20% da cualificación da
materia). Contidos de exame oral: temas Bloques I, II e III.
Para superar a parte
práctica da materia: 1. Traballo de Revisión
teórica: ata 3 puntos pola realización dun traballo teórico (State to art) referido a unha temática
relacionada co temario teórico-práctico da materia centrado exclusivamente no
análise de 4 artigos de revistas
científicas publicados entre 2022-2023-2024, sendo a nota mínima para
aprobar a actividade o 1.5 (a nota total supón o 30% da cualificación do
alumno/a). 2. Traballo
voluntario: ata 1 punto, que consiste no análisis descriptivo, comparativo
e crítico de 3 programas de habilidades sociais dirixidos a un mesmo colectivo.
Só se sumarán se o alumno/a obtén, polo menos as puntuacións mínimas na
actividad básica de cualificación (traballo de revisión teórica “state to art”)
(a nota total suporá o 10% da calificación do alumno/a).
Os
traballos serán subidos ao espazo de Moovi como data tope a fecha oficial do
exame.
As datas oficiais de exames poden consultarse na web da Facultade. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa
PIUNE (PAT). Para a convocatoria de xullo conservaranse as cualificacións das competencias
conseguidas polo alumnado nas probas superadas na convocatoria de xuño. É
dicir, na convocatoria de xullo examinaranse só das competencias/partes/probas
non superadas na convocatoria anterior. |