Para que se contabilice na nota final a proba tipo test, a/o estudante deberá obter nela (polo menos) unha nota de 5 puntos sobre 10.
En caso de non superar o exame tipo test, na acta aparecerá a nota obtida no exame. Indícase, así mesmo, que se conservarán as cualificacións das competencias superadas en xuño para a seguinte convocatoria de xullo, na cal os alumnos e as alumnas (coa materia suspensa en xuño) avaliaranse só das competencias/probas non superadas na convocatoria anterior. Respecto ao traballo tutelado suspenso, indicaranse os aspectos xerais que deben ser mellorados. As/os estudantes non asistentes: deberán presentarse á proba de tipo test co mesmo temario e tipo de preguntas que os asistentes (ata 40% da nota); tamén se lles poderá entregar algún outro material (adicional ao do alumnado asistente) para este exame final. Ademais, deberán entregar algún(s) traballo(s) de investigación teórico-práctico(s) sobre algunha das temáticas da materia (ata 30% da nota). Este(s) traballo(s) deberá(n) ser previamente consensuado(s) co docente da materia nas 2-3 primeiras semanas de clase coa finalidade de poder levar a cabo una titorización adecuada do(s) mesmo(s), preferentemente presencial. A proba de "Seminario" (ate o 30% da nota): a "Presentación do produto final" será obrigatoria para o alumnado non asistente. A "Participación en tarefas da aula" substituirase por unha proba presencial de desenvolvemento sobre os mesmos materias abordados na aula co alumnado asistente. As datas do exame final correspondentes ás convocatorias de maio-xuño e xullo poderán verse no taboleiro de anuncios da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e tamén na súa Web. De acordo co carácter inclusivo da Facultade de Educación e de Trabajo Social, esta guía pode adaptarse ás necesidades específicas de apoio educativo dos estudantes matriculados no programa PIUNE (PAT). |