Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Transmitir, promover e desenvolver a cultura |
B2 |
Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais |
B3 |
Intervir como mediador social, cultural e educativo |
B4 |
Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos |
B5 |
Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos |
B6 |
Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos |
C1 |
Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa |
C8 |
Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...) |
C10 |
Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...) |
C15 |
Deseñar, aplicar e avaliar programas para a inserción social e laboral |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D4 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e contexto profesional |
D5 |
Xestión da información |
D8 |
Capacidade crítica e autocrítica |
D11 |
Habilidades interpersoais |
D18 |
Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida |