Obradoiro |
Planificación, elaboración, posta en práctica na aula e avaliación dun obradoiro de educación para o ocio e o tempo libre por parte do/a alumno/a, de xeito individual. Os/as alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a súa valoración persoal. Valorarase conxuntamente coa súa participación nos mesmos e nas saídas de campo. |
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B2 B3 B5 B6
|
C8 C10 C15
|
D1 D4 D5 D8 D11
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizarase unha proba tipo test para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas pechadas con tres alternativas de resposta. Os/as alumnos/as seleccionarán unha resposta entre as posibilidades. As respostas erradas puntuarán negativamente (2 mal restarán 1 ben). |
40 |
A1 A3 A4
|
B1 B4
|
C1
|
D1 D5
|
Para superar a materia é necesario superar todas as probas de avaliación. O alumnado non presencial:deberá falar coa profesora ao principio do curso, para acordar un plan de traballo específico.
Os criterios de avaliación serán os seguintes:
Proba tipo test: 70%.
Traballo titorado: 15%.
Outros traballos prácticos: 15%. Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. As competencias non adquiridas serán avaliadadas na mesma convocatoria (xullo). As datas e horas oficiais dos exames, así como as da súa revisión, poden consultarse na web da Facultade de Educación e Traballo Social, no espazo "datas exame". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social,
esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |