O alumnado non asistente debe comunicar á docente, durante o primeiro mes de clase, a súa intención de optar polo itinerario alternativo e concertar unha titoría personalizada.
A comunicación entre o estudantado e a docente realizarase mediante os foros habilitados para dúbidas académicas. As cuestións persoais serán tratadas unicamente mediante o correo electrónico institucional. Non se responderá a direccións de correo persoais.
As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade de Ciencias da Educación, no espazo "datas exames".
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
|