Observacións a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT). b. Para as materias que forman parte do curso ponte, debería
incluirse unha referencia específica para ter en consideración a especificidade
e experiencia profesional deste colectivo: “Coa finalidade de favorecer a
conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos,
planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para
alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase
un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e
probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio”. Avaliación Alumnado Non Presencial que non poida seguir actividades de
aula de xeito regular: criterios similares aos da modalidade presencial coa
salvedade de que como non participan nas actividades prácticas de aula
compensarán éstas con un traballo adicional práctico ademáis do teórico. A súa
avaliación basearase en: examen que combina preguntas de tipo test con
preguntas curtas sobre material impreso vinculado con temario que se lle
indicará oportunamente nun traballo teórico (25%
máximo da calificación), un traballo práctico (25% máximo da calificación),
ambos planificados previamente de acordo co profesor. Para facer a media dos
traballos co exame haberá que ter aprobado éste. O alumnado de
modalidade presencial que non alcance o 70% de asistencia nos controis que se
fagan nas sesións teórico-prácticas, enténdese que pasaría á modalidade de tipo
non presencial. Segunda Convocatoria (Xullo): se conservarán para a
Convocatoria de Xullo as calificacións das competencias e probas superadas en
convocatorias previas, examinándose o
alumnado só das competencias e probas non superadas anteriormente. “As partes da materia
superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico”. Nota: data oficial de exame do 1º Período/Cuatrimestre (ver
Taboleiro Titulación ou web da Facultade
para saber día, hora e aula, e data revisión). http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php Examen convocatoria de xullo: (ver Taboleiro Titulación ou
web da Facultade para saber día, hora e
aula, e data revisión): http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |