AVALIACIÓN CONTINUA O Alumnado que se acolla a modalidade de avaliación continua debe ter unha asistencia do 80% tanto en Gran Grupo como en Grupos Medianos. A avaliación continua segue os criterios da guía docente. Para superar a parte teórica da materia ten que realizar dúas probas obrigatoriamente, que se realizarán ambas na data oficial de exame: 1.Exame de preguntas obxectivas, tipo test, PROBA A: Ata 3.5 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 1.75 puntos para superar esta proba. Cada dúas preguntas incorrectas no exame, restará unha correcta. Contidos de exame: temas do Bloque I. 2.Exame de preguntas obxectivas, tipo test, PROBA B: Ata 3.5 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 1.75 puntos para superar esta proba. Cada dúas preguntas incorrectas no exame, restará unha correcta. Contidos de exame: temas do Bloque II. Para superar a parte práctica da materia hai que obter como mínimo 0.5 puntos no traballo tutelado e 1 punto na presentación-exposición do traballo (30% da cualificación total). Para superar a materia, o alumnado deberá superar todas as probas referidas, obtendo unha cualificación mínima, tanto na parte teórica como práctica, en cada un dos aspectos avaliables. AVALIACIÓN GLOBAL O alumnado que no cumpra o criterio da asistencia (80%) se acollerá a avaliación global. O alumnado que se acolla a modalidade de avaliación global debe comunicar esta condición a coordinadora da materia ao inicio do cuadrimestre, e avaliación consistirá en realizar unha proba de exame e a realización dun proxecto de acción socioeducativa coa posterior defensa e exposición a profesora da materia. 1.Exame de preguntas obxectivas tipo test: Ata 7 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 3.50 puntos para superar esta proba. Cada dúas preguntas incorrectas no exame, restará unha correcta. Contidos de exame: temas do Bloque Ie II. 2. Realizar un proxecto de acción socioeducativa e defensa-exposicón do traballo. Ata 3 puntos, debendo o/a alumno/a conseguir un mínimo de 1.50 puntos para superar o traballo. - Convocatoria de Xuño/Xullo: as partes da materia superadas na 1ª convocatoria, non serán obxecto de avaliación na 2ª convocatoria, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. As datas oficiais de exames poden consultarse na web da Facultade. - Observacións: En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |