Aprendizaxe colaborativa |
Para o traballo a realizar partirase da organización da clase en pequenos grupos mixtos e heteroxéneos onde o alumnado traballe de forma coordinada entre si para desenvolver tarefas académicas e afondar na súa aprendizaxe. |
Foros de discusión |
Actividades desenvolvidas na contorna virtual para debater temas de actualidade relacionados dentro do marco da materia co ámbito académico e/ou profesional. |
Prácticas con apoio das TIC |
Esta metodoloxía posibilítalle ao alumnado a aprendizaxe a través da realización de actividades de carácter práctico no laboratorio, indagando no funcionamento técnico dos aparatos dixitais e o desenvolvemento de habilidades e capacidades informáticas/dixitais e de tipo didáctico para abordar o deseño, desenvolvemento de proxectos, análise de experiencias socioeducativas, busca, tratamento e valoración da información, etc. Este sentido práctico vai combinado e alternando nas diversas prácticas o emprego de estratexias de gamificación, colaborativas, entre outras. |
Estudo de casos |
Análisis dun feito, problema ou suceso real ou próximo a realidad coa finalidade de coñecelo con certa profundidade, contrastar información, interpretala, reflexionar sobre elo, etc . |
Cartafol/dossier |
Recompilación do traballo do/a estudante coa finalidade de amosar os seus esforzos, progresos e a súa produción. O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento do profesorado, un eporfolio para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto nas prácticas de laboratorio, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso. O estudantado desenvolverá en formato dixital un informe/diario de prácticas, baixo as indicacións da-o docente que serán detalladas oportunamente. O seu desenvolvemento farase ao longo do cuadrimestre e será revisado regularmente. O desenvolvemento e a entrega será feita en formato dixital, e se fose necesario tamen impreso, e cerrarase a última semana do cuadrimestre. |