Horario de titorías: Primeiro cuadrimestre: mércores, de 17.00 a 21.00 horas Segundo cuadrimestre: mércores, de 16.00 a 20.00 horas. Para superar a materia é necesario aprobar o exame final e obter unha cualificación mínima nos distintos apartados a avaliar (traballos tutelados e prácticas). As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de
Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)
“Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida
laboral e a formación académica, os contidos, planificación,
recursos metodolóxicos e sistema de avaliación se adaptarán para o alumnado do curso ponte garantizando, en todo caso, a consecución das
competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste
documento. Se abrirá unha carpeta específica na plataforma Moovi na que se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio”.
Alumnado non presencial: deberá falar co profesor a principio de curso para acordar un plan de traballo específico.
Calendario de exámenes: as datas oficiais dos exames pueden consultarse na web oficial da Facultade: (http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php) no espazo 'Exames 2024-25". Esta
guía docente explicita as líñas de actuación a desenvolver co alumnado da materia, entendida con certa flexibilidade; polo tanto,
pode estar suxeita a algúns reaxustes puntuais. |