A Psicoloxía do Desenvolvemento permite establecer os antecedentes evolutivos que son cruciais para comprender o estado actual e os previsibles cambios futuros de moitos comportamentos.En definitiva, esta materia contribúe a fundamentar a formación psicolóxica dos educadores sociais, proporcionándolles as ferramentas **disciplinares necesarias para enfrontarse ás situacións educativas, e comprender os cambios e o desenvolvemento psicolóxico das persoas coas que teñen que intervir.