Exames: realizaranse dúas probas escritas. A primeira terá lugar orientativamente a finais do mes de outubro. A segunda terá lugar na data oficial de exame da materia. Cada exame contará un 20% da nota final (40% en total). Traballo tutelado: ao comezo do curso o alumnado e o profesorado decidirán o tema do traballo e a data de entrega e/ou exposición. Contará un 40% da nota final. Seminario: contextualizado no APS “Educar na diversidade, transformar a sociedade”, responde a unha demanda que nos achega a entidade ou entidades colaboradoras para proporcionar un servizo ou produto (i.e., taller, material audiovisual, entre outros) ao colectivo con diversidade (i.e., social, académica, cultural), co que traballamos ao longo do cuadrimestre. Este traballo debe ser aplicado na poboación diana do APS. 20% da nota final. Alumnado non asistente: Realización dun traballo relacionado cos contidos da materia, pautado entre o alumnado e o profesorado (40%), Realización dun taller de filosofía aplicada (sen seguir a metodoloxía de APS e aprendizaxe cooperativa. Neste caso, o estudantado non colabora con institucións, nin ten a obriga das saídas de campo) (20%), exame final da materia (40%). O alumnado asistente e o non asistente ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia. Para ambas modalidades de avaliación, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade,
non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como
aprobadas nese curso académico As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade ( http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo"datas exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |