1. A titora ou titor académico da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudiantes de acordo cos seguintes criterios ou fontes de información: Informe da titora ou titor do centro escolar | Datos aportados pola titora o titor académico | 50% | 50% | Informe da titora ou titor do centro escolar segundo o protocolo correspondente | Asistencia e avaliación das reunións e outras actividades programadas | Memoria de Prácticas |
2. Para superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un dos criterios de avaliación
establecidos nos informes, tanto do titor/a do centro escolar como do titor/a académico. 3. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as
prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a académico da Universidade a
avaliación final. 4. Para facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a do Prácticum remitiralle ao centro
escolar a folla de avaliación na que se reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. 5. As actividades non completadas / realizadas na primeira convocatoria poderán recuperarse na sesión de xullo, mantendo as puntuacións obtidas previamente. En particular, respecto á Memoria das Prácticas: 1.Desenvolverase segundo o establecido no art. 14 do Real decreto 592/2014, do 11 de xullo. 2. A través da guía docente, a Comisión de Prácticas establecerá anualmente as recomendacións precisas para a elaboración correcta do Informe. 3. Para facilitar o proceso de avaliación, cada titora ou titor académico terá a correspondente folla de avaliación. 4. As datas de entrega do informe de cada convocatoria reflíctense no calendario académico da Facultade no espazo 'Practicum'. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |