As datas oficiais dos exames poden
consultarse na web da facultade dentro do espazo "datas de exames". No
caso de optar pola avaliación continua, para
superar a materia é necesario ter aprobadas a parte teórica (avaliada coa proba
obxectiva) e todas as actividades da parte práctica (inclúe traballos de aula e estudos de caso realizados de forma colaborativa), así como asistir alomenos ao 80% das
sesións.
Os traballos entregaranse na mesma semana
en que se termine o tema e de forma previa ao comezo do tema seguinte.
O alumnado que opte pola avaliación
global deberá realizar unha proba teórico-práctica na data oficial de
examen fixada. É necesario comunicar ao coordinador da materia a decisión de
acollerse a esta modalidad ao inicio do cuatrimestre para estipular un plan de
traballo.
As partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas,
polo tanto, nese curso académico.
En coherencia co carácter inclusivo que
caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).
Coa finalidade de favorecer a conciliación
da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte
garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Na plataforma Moovi informarase das
tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para
alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |