As actividades prácticas e tarefas de aula serán entregados e avaliados nas datas establecidas no cronograma da materia
presentado o 1º día de clase (dispoñible en moovi, espazo da materia). As probas de avaliación faranse ao finalizar a materia. Pódese consultar día/hora/lugar das probas na páxina web da
Facultade (apartado datas exames) para cada convocatoria (xuño, xullo). Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia (avaliación continua) ou non (avaliación global) ás clases, o alumnado gozará de condicións
equivalentes de avaliación. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxeto de avaliación na 2ª,
considerándose, polo tanto, aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE
(PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución
das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma
Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado
do curso ponte ou profesionais en exercicio. |