Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Literatura infantil e xuvenil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentar a materia ao estudantado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achegas de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase o diálogo permanente co estudantado, que asumirá unha participación activa e reflexiva.
Presentación Elaboración e presentación dos resultados das actividades propostas (mapas conceptuais, infografías, píldoras educativas, recursos....), a partir de diferentes cuestións abordadas na materia.
Cartafol/dossier Recompilación de textos e outros materiais de síntese, análise, crítica, creación, reflexión... asociados ás aulas teóricas e prácticas
Eventos científicos Asistencia a eventos que permitan coñecer con maior profundidade os axentes que conforman o sistema literario infantil e xuvenil
Aprendizaxe-servizo Participación voluntaria no proxecto de ApS coordinado pola profesora María José Vázquez Figueiredo e no que se desenvolverán accións con institucións da contorna. O estudantado que non queira participar no proxecto dedicará as horas correspondentes ao deseño do cartafol/dossier e dunha proposta de ApS para unha institución da súa elección
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000