Lección maxistral |
Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos da materia, así como achegas de obras literarias, materiais, estratexias, recursos, experiencias, fontes etc. Buscarase o diálogo permanente co estudantado, que asumirá unha participación activa e reflexiva. |
Cartafol/dossier |
Recompilación de textos e outros materiais de síntese, análise, crítica, creación, reflexión... asociados ás aulas teóricas e prácticas |
Aprendizaxe-servizo |
Participación voluntaria no proxecto de ApS coordinado pola profesora María José Vázquez Figueiredo e no que se desenvolverán accións con institucións da contorna. O estudantado que non queira participar no proxecto dedicará as horas correspondentes ao deseño do cartafol/dossier e dunha proposta de ApS para unha institución da súa elección |