Traballo |
Presentación de traballo ou proxecto final en formato dixital con memoria explicativa en lingua francesa realizado segundo as orientacións do profesor. |
40 |
A1 A2 A3
|
B1 B2 B4 B7 B11
|
C45 C52
|
D1 D2 D4 D5 D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18
|
Os alumnos
haberán de asistir a clase con regularidade (nese sentido 5 faltas sen
xustificar acarrea a PERDA do dereito a avaliación continua) e realizar as
tarefas que se propoñan en clase. A avaliación continua consistirá na
resolución de tarefas colaborativas, 30 %; algunha proba tipo test, 30 %; un proxecto dixital individual que se proporá a principios de curso baseado en tarefas de clases o que suporá o 40% da nota
final.
Aqueles alumnos que NON superen a avaliación continua, haberán de presentarse
(1º convocatoria de maio) ao exame final (80%) e elaborar un proxecto dixital
(20%).
En segunda convocatoria de xuño/xullo, a avaliación consistirá nun exame final
(80 %) e a elaboración dun proxecto dixital (20%).
As partes da materia superadas na 1º oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2º, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso
académico.
Aqueles alumnos que non superen a materia durante o curso, terán que
presentarse ao exame final aprobado segundo o calendario oficial pola Xunta de
Facultade. Segundo a normativa vixente, con independencia da asistencia ou non
ás clases, o alumnado disfrutará de condicións equivalentes de avaliación. As
datas do exame poden ser consultadas na web da Facultade no espazo 'Datas
exames'
En coherencia
co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo
social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades
específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa
PIUNE (PAT) |