O alumnado debe ser en todo momento coñecedor da normativa anti-fraude, e coñecedor de que debe ser capaz de dar conta oral dos contidos avaliados. As alumnas e alumnos Non-Asistenciais únicamente realizarán unha Proba Global, con 2 partes, co seguinte criterio de cualificación: 1. COMENTARIO DE TEXTO 50% 2. PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO CURTO 50%, podendo alcanzar así o 100% da nota. Segunda convocatoria: As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª,considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico Data do exame: Consultar a web da facultade. a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) b. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |