Esta materia forma parte do Proxecto de Innovación docente e do Proxecto de Aprendizaxe-Servizo da Facultade de Educación e Traballo social. A metodoloxía seguirá as pautas da aprendizaxe cooperataiva e será realizada unha tarefa de aprendizaxe-servizo ao longo do curso.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
O alumno debe darse de alta en Moovi e colgar a foto na plataforma.
|