Recoméndase a asistencia continua ás sesións de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentales.
O alumnado non asistente debe comunicar ao docente, durante o primeiro mes de clase, a súa intención de optar polo itinerario alternativo e concertar unha tutoría personalizada.
A comunicación entre os estudantes e a docente realizarase mediante os foros habilitados para dúbidas académicas. As cuestións persoais serán tratadas mediante o correo electrónico institucional.
Recoméndase aos estudantes o dominio da plataforma de aprendizaxe institucional, MooVi, para poder cursar con aproveitamento a materia.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos obxectivos de sustentabilidade (ODS) |