Aprendizaxe baseado en proxectos |
Proxecto de innovación/investigación Para sumar apartados: cualificación mínima de 1,25 sobre 2,5 puntos. |
25 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B2 B10 B12
|
C11 C16 C17 C22
|
D1 D2 D6 D7 D8 D9 D14 D15
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
1ª parte do exame: preguntas de relacionar.
Para sumar ambas as partes do exame: cualificación mínima de 0,75 sobre 1,5 puntos |
15 |
A1 A3
|
B10
|
C7 C9 C16 C17
|
D2 D7 D8 D9
|
En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para dar resposta a calquera tipo de diversidade presente entre o alumnado da materia, e, de xeito especial , o de aquel aquel adscrito ao programa PIUNE (PAT) Na convocatoria
ordinaria, para obter a calificación de aprobado, o alumno/a deberá alcanzar a puntuación mínima de 5 puntos totais, realizar en prazo
todas as actividades así como cumprir os seguintes requisitos: - Alumnado
asistente. O itinerario ordinario,
é dicir, a avaliación continua, é posible para aquel alumnado que teña,
como mínimo, o 80% da asistencia e unha participaciación activa na aula. Neste
caso, para poder sumar todas as puntuacións, é imprescindible alcanzar
unha calificación mínima na proba escrita (2 sobre 4), na aprendizaxe baseada
en proxectos (1,25 sobre 2,5), nos estudos de caso (0,75 sobre 1,5) e nos
seminarios (1 sobre 2). De alcanzarse as puntuacións mínimas esixidas, a calificación global sobre 10 puntos será a suma das notas parciais. A proba escrita está composta por dous partes. A primeira parte (15%) corresponde ao desenvolvemento de
preguntas de comprensión e relación entre conceptos da materia, e a
segunda parte (25%) á aplicación e transferencia teórico-práctica dos
diversos contidos. Para poder sumar ambas as partes é necesario alcanzar unha calificación mínima na primeira parte (0,75 sobre 1,5) e na segunda parte (1,25 sobre 2,5). - Alumnado
non asistente. O itinerario alternativo
é para aquelas persoas que, por razóns debidamente xustificadas, teñan máis dun 20% de ausencias a clase ou que, aínda cunha porcentaxe inferior de
ausencias, non entregasen reiteradamente en tempo e forma os traballos que
permitan avaliar o logro das competencias propias da materia. O
alumnado que se atope nesta situaciación será cualificado coa nota da proba
escrita, a aprendizaxe baseada en proxectos, os estudos de caso e os
seminarios. O exame será o mesmo e nas mesmas condicións que o alumnado
asistente. Se deberán realizar os traballos de forma individual e a entrega dos
mesmos será na data oficial de realizaciación da proba de exame. A calificación dos traballos se realizará con idéntico criterios aos utilizados co
alumnado asistente.
En caso de non ter superada a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Aquel alumnado (asistente
ou non asistente) que suspenda, non alcance o mínimo esixido ou non teña puntuaciación terá unha convocatoria
extraordinaria na cal se poderán recuperar os apartados pendentes (proba
escrita e/ou traballos) nas mesmas condicións de calificación e a mesma
proporcionalidade que na convocatoria ordinaria. É dicir, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso. Aquel alumnado que non supere a materia na
convocatoria ordinaria, estará exento en convocatorias sucesivas de avaliar as
partes superadas. É dicir, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso. Os materiais obrigatorios para preparar a materia,
especialmente a proba escrita, son os documentos correspondentes a cada
tema (temas, presentacions) xunto coas aprendizaxes das sesións
teórico-prácticas. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser
utilizado para outras materias e si este non cumpre os aspectos formais
esixidos (en especial, citación incorrecta de autorías ou plaxio) será rexeitado. As datas oficiais dos examenes poden consultarse na
web da Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social, no espazo datas de examenes: http://fcce.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |