Estratexias de aprendizaxe
Os estudantes que queiran superar a materia sen dificultades deben atender aos seguintes consellos:
* O rendemento depende do estudo continuado da materia.
* É moi conveniente que as lecturas se fagan de forma reflexiva, reparando no uso da linguaxe. Deste xeito, pódese obter un coñecemento intuitivo da lingua, que ten gran rendemento á hora de fixar na mente as formas e as estruturas correctas dun idioma.
* Practicar a expresión oral resulta indispensable. Na avaliación desta destreza conta tanto a fluidez como a corrección.
Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá; prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
|