Traballo tutelado |
Elaboración dun texto escrito seguindo unha destas modalidades: o enfoque creativo do narrador-autor ou o enfoque expositivo e crítico do xornalista-ensaísta. Trátase de aprender os procedementos específicos e os procedementos comúns de ambos os dous enfoques: como se elabora un texto, cales son as técnicas para citar apropiadamente, de que maneira se debe proceder á hora de transmitir unha información, cales son as pautas axeitadas para a presentación dun traballo escrito, en que consiste a corrección lingüística, a cohesión estrutural e o uso axeitado dos signos de puntuación. |
Actividades introdutorias |
Presentación do sistema de traballo que debe interiorizar cada alumno para conseguir uns bos resultados.
Explicación das modalidades básicas na elaboración dun texto escrito. |