Traballo tutelado |
Elaboración de traballos cooperativos dirixidos polo profesorado, que poden implicar a aprendizaxe-servizo, eTwinning etc. |
Obradoiro |
Desenvolvemento de actividades participativas e en equipo, técnicas de ensino-aprendizaxe cooperativas; e deseño, implementación e avaliación de actividades artísticas para primaria. |
Prácticas con apoio das TIC |
Presentación e práctica con soporte lóxico para a educación musical. |
Seminario |
Orientacións e reflexións conxuntas: dúbidas, consultas e seguimento das tarefas (que requirirán do traballo autónomo do alumnado, tanto na aula como fóra dela), noticias de actualidade, dilemas que comporta a educación musical no s. XXI etc. |