As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade, no apartado "Exames" |