Lección maxistral |
Información previa dada polo profesorado cos esquemas correspondentes dos diferentes contidos básicos que debe contemplar o deseño curricular de aula. |
Obradoiro |
Elaboración de diferentes recursos didácticos alternativos: de tipo lúdico e manipulativo, audiovisuais, unidades didácticas globalizadas, guións didácticos, manualidades artísticas para introducir temas do currículo de primaria, deseños curriculares de aula sobre o ciclo anual das festas populares e temas propios da escola primaria (datas significativas, días internacionais, etc.) |
Seminario |
Estudo e actividades prácticas, como programacións, relacionadas co deseño e desenvolvemento do currículo na educación primaria. |