En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza á Facultade de Educación e Traballo Social, esta guía poderá ser adaptada para dar resposta á diversidade no seu sentido máis amplo e dun xeito especial a aquel alumnado con NEAE adscrito ao programa PIUNE (PAT) De non superar a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo mediante as correspondentes probas. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas de exames'
Criterios para superar a materia:
a) Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente aquel que asiste con regularidade ás clases (mínimo un 80%). Este deberá participar nas modalidades indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia obter en cada unha delas como mínimo a metade da puntuación. b) Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente aquel que non asiste con regularidade ás clases, presenciais ou telemáticas (falta máis dun 20%). Éste deberá realizar un exame no que entran todos os contidos da materia, este valorarase ata un máximo de 5 puntos. Ademáis deberá realizar todos os traballos obrigatorios que a tavés de MOOVI ten que realizar todo o alumnado da materia, sexa asistente ou non asistente. A puntuación máxima neste apartado será de 5 puntos. Será condición indispensable para superar a materia, obter en cada un dos apartados como mínimo a metade da puntuación. |