AVALIACIÓN CONTINUA Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos. Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado. Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de Xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na primeira oportunidade. AVALIACIÓN GLOBAL Os estudantes que opten por este sistema de avaliación ou non poidan seguir a avaliación continua deberán realizar unha proba de contidos teóricos sobre a materia, que suporá un 50% da nota, un comentario sobre una monografía, 20% e un traballo teórico-aplicado titorizado, ao que lle corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes un 50% da cualificación total das mesmas. No caso de alumnado do Curso Ponte proporase unha avaliación alternativa que será concretada polo profesorado o día da presentación da materia ou cando se faga a consulta persoalmente. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames' En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |