Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
Código
O05G120V01103
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
1
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Psicoloxía evolutiva e comunicación
Coordinador/a
Conde Rodríguez, María Ángeles
Correo-e
angelesconde@uvigo.gal
Profesorado
Conde Rodríguez, María Ángeles
Rodríguez Enríquez, Mónica
Web
Descrición xeral
Trátase dunha materia de carácter básico, situada no primeiro curso do grao de educación primaria.
Facilita a comprensión das claves do desenvolvemento humano e os cambios que teñen lugar nos procesos psicolóxicos (memoria, cognición, linguaxe, etc.) ao longo do período de 6 a 12 anos. Estes coñecementos son fundamentais na formación de mestres xa que representan unha ferramenta indispensable para poder contribuír ao desenvolvemento de nenos e nenas a través dunha axeitada planificación dos seus procesos de aprendizaxe.