A) DESCRICIÓN DAS CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN O alumnado deberá comunicar ao profesorado por cal dos dous modelos
de avaliación (asistencial ou non asistencial) vai optar no primeiro mes do curso, excepto no caso do alumnado que perda o dereito á avaliación continua
por faltas de asistencia. Calquera outra circunstancia deberá ser comunicada ao
profesorado para os efectos da avaliación. A ficha con foto e datos persoais
deberá ser entregada ao profesor/a en as dúas primeiras semanas de clase. Avaliación para o alumnado asistente: Realizarase segundo os seguintes
parámetros: 1. Traballos de aula: 20% (2 puntos); 2. Traballo tutelado,
preferentemente grupal: 40% (4 puntos); 3. Exame de preguntas obxectivas : 40%
(4 puntos) Para obter unha cualificación positiva o alumnado deberá conseguir o
50% en cada dos apartados. Avaliación de alumnado non asistente: Terán a consideración
de non asistentes aqueles alumnos/ as que non consigan o
80% da asistencia. A avaliación será idéntica á do alumnado asistente, coa
diferenza que se substituirá "traballos de aula" por un traballo
individual que se acordará o inicio de curso, consistente no desenvolvemento
dun tema ou sub-tema do programa desde un enfoque teórico-práctico ou na
lectura, síntese e valoración crítica dun libro relacionado co temario e
convido co profesorado na primeira quincena do curso. Así, a avaliación para o
alumnado non asistente consistirá en: 1. Traballo individual teórico-práctico:
20% (2 puntos); 2.Traballo tutelado individual sobre bloques temáticos da
materia: 40% (4 puntos); 3. Exame de preguntas obxectivas sobre cuestións do
programa: 40% (4 puntos).Do mesmo xeito que para o alumnado asistente, para a
superación da materia deberá alcanzar polo menos o 50% en todos os apartados
sinalados na avaliación. B) As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico C) As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade (http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo "datas exames" D) Outras cuestións: en coherencia co carácter
inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |