TFG será presentado e defendidopolo seu autor ou autora diante dun tribunal unipersoal que estará constituídopola persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarasede xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliacióncontemplada na Guía Didáctica do TFG. O TFG debe cumprir necesariamente cos seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas oupalabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe, (2) respectar a extensión máxima permitida (5.000-10.000 palabras) e (3) incluír un apartado de resultados empíricos. Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás
necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao
programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida
laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos
metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para estudantado do curso
ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de
aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na
plataforma Moovi, na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que
guiarán o desenvolvemento desta materia para estudantado do curso ponte ou
profesionais en exercicio. |