1. A titora ou titor académico da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de conformidade cos seguintes criterios e fontes de información: Informe da titora ou titor do centro escolar | Datos achegados pola titora ou titor académico | 50% | 50% | Informe da titora ou titor do centro, segundo o protocolo correspondente | Asistencia e avaliación das reunións e outras actividades programadas | Memoria de Prácticas |
2. Para superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do centro escolar como do titor/a académico. 3. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a académico da Universidade a avaliación final. 4. Para facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, a coordinadora do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma. 5. O/a estudante que non supere a avaliación da materia poderá presentarse na segunda convocatoria, no mes de xullo, na que se avaliarán as competencias non adquiridas na 1ª oportunidade. 6. Poden consultarse as datas oficiais de avaliación da materia na web da Facultade no espazo "exames". 7. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |