Para superar esta asignatura o alumnado deberá conseguir polo menos un 25% da nota total naqueles aspectos que NON forman parte do exame final. No que respecta a este último, o estudante deberá aprobar tanto a parte escrita como a oral. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de
avaliación na 2ª, considerándose aprobadas, polo tanto, nese curso académico. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación
académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema
de avaliación adaptaranse para o alumnado do curso ponte garantindo, en
todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe
neste documento.Ábrese un cartafol específico na plataforma Moovi
no cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o
desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou
profesionais en exercicio. Data do exame: Consultar a web da facultade no menú: Datas exames. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de
Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o
alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |