1. Asistir a clase resultará moi beneficioso para cumprir os obxectivos da materia sobre todo nas súas aplicacións prácticas. Nas primeiras sesións darase unha visión de conxunto e anticiparanse as tarefas e actividades que serán desenvolvidas.
2. Se non podes asisitir a clase, será especialmente importante acudir ás titorías do profesorado, así como a visita frecuente á plataforma docente da nosa Universidade "MOOVI". Nela poderás encontrar todas as actividades que deberás realizar para a túa formación e a superación desta materia.
3. A túa condición de alumno/a da Universidade de Vigo abre as portas a moitos recursos, ofertas e servizos. No SIOPE encontrarás toda a información sobre as posibilidades formativas, culturais e deportivas que podes encontrar na nosa Universidade.
4. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS). |