Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil |
B4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
B5 |
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia |
B6 |
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión |
B8 |
Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención prematura e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia |
B9 |
Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida |
B11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela no estudantado. |
B12 |
Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos |
C2 |
Coñecer os desenvolvementos da psicología evolutiva da infancia nos periodos 0-3 e 3-6. |
C5 |
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico |
C6 |
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
C10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
C12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
C19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
C21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6. |
C22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
C23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e a mellora en educación infantil. |
C29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo |
C37 |
Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. |
C45 |
Coñecer a tradición oral e o folclore. |
C54 |
Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
|
C60 |
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
C64 |
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita |
D9 |
Traballo en equipo |
D11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
D14 |
Compromiso ético |
D15 |
Aprendizaxe autónoma |
D16 |
Adaptación a novas situacións |
D18 |
Liderado |
D19 |
Coñecemento doutras culturas e costumes |
D20 |
Iniciativa e espírito emprendedor |